Se encuentra usted aquí

Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático

Descripción: 
O presente documento trata de establecer unha estratexia que cómpre seguir dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para combater o cambio climático e axudar a España a cumprir os seus compromisos, baseándose no Programa Mundial do Clima auspiciado pola ONU, o VI Programa Marco de Medio Ambiente da Unión Europea e o Programa Europeo sobre Cambio Climático, ademais da Estratexia Española para o Cumprimento do Protocolo de Kioto. Estes pretenden planificar e orientar as actuacións dos diferentes sectores implicados, ao mesmo tempo que se propón unha política integradora que recolla todos os aspectos que poidan afectar ao fenómeno global do cambio climático. Como declaración de principios, a elaboración da Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático pretende ser unha ferramenta para contribuír a acadar os obxectivos da Unión Europea e de España derivados do cumprimento do Protocolo de Kioto, e máis concretamente, a adaptación dunha serie de programas á realidade galega desde o coñecemento desta realidade e dos problemas que poden afectar á nosa comunidade autónoma. Encamiñados a conseguir estes obxectivos xerais, establécense unha serie de obxectivos máis específicos como: • Mellora do coñecemento do clima de Galicia e avaliación do impacto que o cambio climático pode ter no seu territorio. • Control das emisións de GEI de Galicia, mediante a definición das liñas que deben seguir as respectivas políticas sectoriais. • Promoción de políticas de apoio aos sumidoiros de carbono, como parte esencial na solución do problema. • Estudo dos principais impactos, das súas consecuencias e da forma de minimizar os devanditos impactos dentro das diferentes áreas de actividade. Para o desenvolvemento destes obxectivos, levaranse a cabo unha serie de actuacións en cada un dos puntos mencionados anteriormente.
Achivos Complementarios
Observaciones: 
Estratexia galega fronte ao cambio climático. 2005. Santiago de Compostela: Consellería de Medio Ambiente
Idioma de Publicación: 
Gallego
Año de publicación: 
2005
Descriptores / Palabras Clave: 
Estratexia Galega, cambio climático, Estrategia Gallega
Entidad / Organismo de publicación: 
Xunta de Galicia
Et Al: 
NO
Tipo de información: 
Estrategias; Planes y Programas; Normativa
Sectores a los que afecta: 
Biodiversidad, Recursos hídricos, Bosques, Sector agrícola, Zonas costeras, Caza y pesca continental, Zonas de montaña, Suelos y desertificación, Medio marino y pesca, Transporte, Salud humana, Industria, Energía, Turismo, Finanzas - Seguros, Urbanismo y Construcción
Áreas: 
Medidas y opciones de adaptación
Ambito geográfico: 
CCAAGalicia